miércoles, 24 de febrero de 2010

Análise da primeira xuvenil

 O Maside levouse unha victoria de ouro en Soutopenedo nun intenso choque da 1ª Xuvenil.

Os cinco primeiros clasificados da 1ª Autonómica Xuvenil sacaron adiante os seus compromisos da xornada vinte e dúas, polo que a clasificación non variou con respecto á da pasada semana. Eso sí, a victoria (5-0) do Ponte co Allariz, relegou ao cadro alaricán a oito puntos da zona de promoción como sexto na táboa. A xornada foi a máis goleadora das disputadas ata a data posto que nos oito partidos anotáronse 51 tantos.
Pola parte alta, ademáis do triunfo do líder, o Barbadás vencía (1-5) nos Escolapios a un Calasancio B que leva cinco semanas sen gañar. O Pabellón Promesas tamén goleaba nos Remedios (9-1) ao Velle, o Polígono facía o mesmo (4-1) co Celanova e finalmente o Barco superaba (1-4) no Cardenal Quiroga ao Maceda, que ocupa un dos tres postos de descenso.

Unha das victorias máis sorprendentes, pola amplitude do marcador (0-5), foi a do Arrabaldo en Oira co Ourense B, o que permitiu que a escadra de Santa Cruz deixe a zona de descenso a dez puntos. En canto á zona perigosa, o Corgo viviu un intenso partido entre Soutopenedo e Maside con victoria final (4-5) dos visitantes, que sempre foron a remolque no marcador ata que puideron nivelar a catro tantos e posteriormente dar a estocada definitiva coa quinta diana que lle deu tres puntos de ouro para deixar a zona de descenso a tres puntos e cun partido pendente (19 de marzo) co Antela, que empataba (3-3) na Moreira co Oira nun enfrontamento moi aberto entre conxuntos da zona media.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Podedos poñer a fonte na que collestes esta noticia xa que creo que foi na do Pabellón

Anónimo dijo...

estos del maside son sunormales
empezando por el que ace la pagina

Publicar un comentario