Despois da suspensión da última xornada por mor do temporal, o xuvenil do Maside desprázase este domingo a Oira para enfrontarse o filial do Ourense.Despois de encarrilar dúas victorias e un empate consecutivos, será unha boa oportunidade para que os masidaos saian definitivamente do descenso, polo que é vital , xa no peor caso, non perder , posto que os outros dous equipos que loitan pola salvación (Calasancio-Maceda) xogan entre eles.
Pola outra parte o filial ourensán ven de perder por un sorprendente 0-5 fronte a un irregular Arrabaldo, que é capaz tanto do mellor coma do peor.Na primeira volta o resultado entre masidaos e ourensás foi un 2-2.nun partido no que o arbitro regaloulle 1 punto os visitantes o anularlle un gol (o 3-1 o Maside ),e coa sorte de que os de Ourense marcaban na última xogada do encontro o empate.Será un patido moi intenso,no que esperemos que os puntos veñan cara Maside.O partido xogarase o domingo 7 as 10:00 en Oira.
E mais do mesmo para o primeiro equipo masidá da primeira rexional , xa que se se quere salvar soamente lle vale gañar.Despois dunha serie de derrotas consecutivas chega un punto no que se fallas a distancia cos postos de salvación xa é moi grande, ademais tamén pode que se dera o caso de que descendesen máis de 4 equipos por mor de arrastres.Xogará fronte o Cea o domingo 7 as 4:30 h no Outeiro Grande.
E para finalizar,o filial masidao xogará en A Costoira o domingo día 7.O equipo encontrase na zona media da tabla, con escasas posibilidades de conseguir o ascenso.
3 comentarios:
ah!!!, y luego el maside b puede descender
non sei si sabes que pon xa salvado!!,e na metade da tabla e con escasas posibilidades do ascenso aprende a leer
brandan en 3ª regional non hai descenso...ome de dios.. non ves k os chaos sempre se salvan...jajaj
Publicar un comentario